A cualquier persona que no haya estudiado este idioma le parece increíble que a nuestros 17/18 años la mayor parte de mis compañeros no sepan colocar bien los pronombres al escribir.
Esto se debe a que es una de la cosas mas complicadas que tiene nuestro idioma, por la gran variedad de pronombres que tenemos y de normas que hay para colocar uno u otro y por no hablar de las infinitas contracciones que se pueden hacer.
Hay que tener en cuenta, de hecho, que incluso en las perífrasis verbales las normas son distintas, incluso dependiendo de si es una oración afirmativa o negativa.
Debido a esto, la colocación de los pronombres es una de las faltas mas recurrentes en los exámenes de gallego aun cuando llevamos años estudiando como deben de usarse. Por supuesto, me incluyo en este grupo.
Aquí os dejo un articulo sobre la colocación de los pronombres átonos en gallego.
Curso de lingua galega/O persoal/Átono/Colocación
Por regra xeral, o pronome vai colocado sempre detrás do verbo e pegado a el.
Pronome ben colocado | Pronome mal colocado |
---|---|
Gustoume a película | A película me gustou |
Onte vinte pola rúa | Onte te vin pola rúa |
Hai determinadas palabras que, precedendo ao pronome, fan que o pronome se coloque diante do verbo. Neste caso o pronome non vai pegado ao verbo. Estas palabras son:
- As que marcan subordinación: que (aínda que, sempre que, posto que, xa que, ...) se ...
Pronome ben colocado | Pronome mal colocado |
---|---|
Dixo que te vira onte | Dixo que vírate onte |
Se llo regalas, terás un premio | Se regálasllo, terás un premio |
- Os adverbios de negación e afirmación, sempre que actúen sobre o verbo en cuestión (non, nunca, xamais, si, tamén)
Pronome ben colocado | Pronome mal colocado |
---|---|
Non o vin | Non vino |
Si o vin | Si vino |
Non1, vino | Non1, o vin |
Si1, vino | Si1, o vin |
-
-
-
-
- Apuntamento 1: Nestes casos non hai atracción do persoal a antes do verbo pois o adverbio non actúa sobre este. Obsérvese que a oración do verbo precedido por "non," é afirmativa. O mesmo acontece con "si,"
-
-
-
- Os adverbios de dúbida (quizais, tal vez, seica, disque)
Pronome ben colocado | Pronome mal colocado |
---|---|
Quizais che pregunte mañá a lección | Quizais pregúnteche mañá a lección |
Seica te veu ver teu pai | Seica veute ver teu pai |
- Algúns outros adverbios: xa, só, ben, mal, axiña, aínda, máis, menos, velaquí, velaí, en seguida, de seguida, sempre, algures, cedo, igual ('do mesmo xeito'), peor, mellor, tarde,...
Pronome ben colocado | Pronome mal colocado |
---|---|
Xa cho dixo aquela rapaza | Xa díxocho aquela rapaza |
Só llo contei á miña sogra | Só conteillo á miña sogra |
Sempre te estás a meter comigo | Sempre estaste a meter comigo |
Aínda cho pedín o outro día | Aínda pedincho o outro día |
Máis nos valería marchar | Máis valeríanos marchar |
Aquí o tes | Aquí telo |
- Con algúns adverbios é posible tanto a anteposición como a posposición. A escolla dunha ou doutra depende da secuencia. Son estes adverbios: aquí, alí, ai, alá, acá, aló, acó, acolá, así, logo, agora, sequera....
Anteposición | Posposición |
---|---|
Aquí o tes | Aquí haiche moita froita |
Así pásao mellor | Así cho dixo? |
Agora cho dou | Agora chámanlle a marquesiña |
- Os pronomes interrogativos: onde, cando, canto, como.
Pronome ben colocado | Pronome mal colocado |
---|---|
Canto lle deches ... ? | Canto décheslle ... ? |
- Algúns indefinidos: Estes indefinidos son: ninguén, nada, ningún, algo, alguén, ambos, bastante, calquera, entrambos, mesmo, todo. Outros indefinidos non provocan polo xeral a anteposición, se ben nalgún contexto pode ocorrer: algún, outro, un, os mais, os demais, moi, pouco, tal, tanto, tan. Hai tres indefinidos que nunca provocan a anteposición do pronome: cada, varios, certo.
Pronome ben colocado | Pronome mal colocado |
---|---|
Ninguén mo dixo | Ninguén díxomo |
Nada che debo | Nada déboche |
- Nalgúns casos o pronome pode ir diante ou detrás:
- Cando o precede unha preposición.
Pronome ben colocado |
---|
Para dicirlle iso cómpre valor
Para lle dicir iso cómpre valor
|
- Nas perífrases verbais pode ir a carón do verbo principal (téñoche que dicir), despois da conxunción ou preposición (teño que che dicir) ou detrás do infinitivo (teño que dicirche)
Pronome ben colocado | Pronome mal colocado |
---|---|
Teñoche que dar unha boa noticia
Teño que che dar unha boa noticia
Teño que darche unha boa noticia | Che teño que dar unha boa noticia |
Tamén hai anteposición
- Nas oracións desiderativas.
Pronome ben colocado | Pronome mal colocado |
---|---|
O demo te leve! | O demo lévete! |
Mal raio te parta! | Mal raio pártate! |
- Cando un membro do enunciado como obxectodirecto se despraza para o comezo.
Pronome ben colocado | Pronome mal colocado |
---|---|
Unha verdade vos digo | Unha verdade dígovos |
Fuente: https://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/O_persoal/%C3%81tono/Colocaci%C3%B3n
No hay comentarios:
Publicar un comentario