Aunque suene raro tenía ganas de leerlo. Y no por nada en especial, de hecho, desconozco de qué trata la obra. Simplemente me llamó la atención el colorido de su portada al verlo en la estantería de mi hermana. Sí, suena estúpido y realmente lo es, pero sus dibujos y lo abstracto de la ilustración me engatusó completamente, a pesar de seguir a raja tabla (no tanto) el "no juzgues un libro por su portada". Esta vez he caído en la tentación, lo siento.
Espero que me guste tanto como esa ilustración y no me decepcione, la verdad. De hecho me sorprende que haya película porque son pocos los libros en gallego que tienen adaptación cinematográfica a pesar de tener algunos de ellos grandes aptitudes para ser estrenados como película, pero bueno.
Aquí os dejo información sobre la novela y una escena de la película para que le echéis un ojo:
Argumento
No cárcere de Santiago de Compostela, en plena Guerra Civil, un pintor debuxa o Pórtico da Gloria cun lapis de carpinteiro, reflectindo os rostros e a desesperación dos seus compañeiros de presidio. O gardián Herbal, o seu futuro asasino, obsérvao todo. A partir desta escena, o Lapis de Manuel Rivas conta unha historia onde o amor entre o médico republicano Daniel da Barca e Marisa Mallo logra gañar á desesperación.
Base histórica
Parte do argumento esta baseado na historia do médico Francisco Comesaña Rendo e a súa muller Ascensión Concheiro García.
Adaptacións da novela
O cárcere da Coruña, outro dos lugares onde se desenvolve a trama.
Ao cine[editar | editar a fonte]
A película baseada no libro, dirixida por Antón Reixa e protagonizada por Tristán Ulloa, María Adánez e Luís Tosar foi estreada en 2003 e seleccionada para presentarse nos Premios Goya da Academia Española do Cine. A Película foi gañadora do Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe, e algúns dos seus protagonistas como Luís Tosar e María Pujalte recibiron os Premios Mestre Mateo 2003 á mellor interpretación masculina e á mellor actriz secundaria.[1]
Ao teatro[editar | editar a fonte]
Tamén foi adaptada ao teatro polo grupo Sarabela que a estreou en Ourense no ano 2000[2], e que continuaron cunha exitosa xira por toda Galicia[3] e fóra dela, superando os 25.000 espectadores, e pola que recibiron 8 Premios María Casares.
Premios[editar | editar a fonte]
A obra foi premiada cos seguinte premios:
Premio da Crítica Española 1998.
Premio Arcebispo Xoan de San Clemente 1999.
Premio da Asociación de Escritores en Lingua galega 1999.
Premio literario 50 Aniversario da Sección belga de Amnistía Internacional 2001.
Curiosidades[editar | editar a fonte]
O lapis do carpinteiro é a obra en galego máis traducida do país, estando na actualidade traducida a máis de 20 idiomas entre os que podemos atopar o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés[4].
Segundo Edicións Xerais, con motivo da publicación neste ano dunha edición especial d' O Lapis do carpinteiro (Edición XXV aniversario)
O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas é a novela galega contemporánea máis apoiada polos lectores. Publicada en 1998, dende entón, conta con dezanove edicións e case setenta mil exemplares vendidos en lingua galega, ademais de constituír a obra máis traducida da literatura galega[5]
O DVD da película ten a opción de ver a película comentada por Antón Reixa e Manolo Rivas. Nunha das escenas da película, preto da Torre de Hércules, Manolo Rivas fai o papel dun preso que é fusilado.
Fuente: https://es.wikipedia.org/wiki/El_l%C3%A1piz_del_carpintero_(novela)